Camiñamos pola beira do río e aproveitamos para recoller o lixo que atopabamos polo noso percorrido concienciando ao alumnado da importancia do coidado da natureza, xa que este luns día 5 de xuño, conmemoramos o día do medioambiente.
Fixemos un picnic para tomar a merenda e desfrutamos de tempo en contacto coa natureza nun patio improvisado nun espazo privilexiado. Foi unha mañá marabillosa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario