CONTO, CANCIÓN EN INGLÉS, VIDEO EDUCATIVO, PUZZLE...XA TEDES TODO LISTO SE FACEDES UN CLIC NA IMAXE. E PARABÉNS PARA PAULA E RAQUEL POLA EXPLICACIÓN TAN CLARIÑA SOBRE OS KOALAS. GRAZAS.
Hoxe vivimos unha xornada moi emocionante. Por un lado, abrimos as portas da nosa exposición de traballos deste trimestre. Foi un orgullo ver como os nenos e nenas ensinaban hoxe as súas creacións ás súas familias, que viñeron acompañalos e a compartir con nós o moito que aprenderon e desfrutaron estes meses. Grazas por vir e por formar parte deste día! Pero o día tamén tivo un momento de moita emoción: despedimos a Mónica. Para que leve un recordo inesquecible de todos nós, dedicámoslle un tempo moi especial a escribirle mensaxes agarimosas e a facerlle debuxos cheos de cor. Mónica, leva un pedaciño do noso corazón contigo. Desexámosche o mellor nesta nova etapa! ATA SEMPRE
Hoxe, os papis da nosa Sophia achegáronse á escola para confeccionar una preciosos bolsitos de MADAMA para encher de confetti e rematar así o noso disfraz do Entroido de Cobres. Gracia familia pola vosa idea. Quedaron súper.
Comentarios
Publicar un comentario