O LUNS PASADO TIVEMOS A ÚLTIMA SESIÓN DE CONTACONTOS POR PARTE DE AMELIA. GUSTOUNOS MOITO O CONTO DE ELENITA E TAMÉN A ACTIVIDADE DE COSER O BOTÓN.GRAZAS AMELIA.
Hoxe vivimos unha xornada moi emocionante. Por un lado, abrimos as portas da nosa exposición de traballos deste trimestre. Foi un orgullo ver como os nenos e nenas ensinaban hoxe as súas creacións ás súas familias, que viñeron acompañalos e a compartir con nós o moito que aprenderon e desfrutaron estes meses. Grazas por vir e por formar parte deste día! Pero o día tamén tivo un momento de moita emoción: despedimos a Mónica. Para que leve un recordo inesquecible de todos nós, dedicámoslle un tempo moi especial a escribirle mensaxes agarimosas e a facerlle debuxos cheos de cor. Mónica, leva un pedaciño do noso corazón contigo. Desexámosche o mellor nesta nova etapa! ATA SEMPRE
Hoxe, os papis da nosa Sophia achegáronse á escola para confeccionar una preciosos bolsitos de MADAMA para encher de confetti e rematar así o noso disfraz do Entroido de Cobres. Gracia familia pola vosa idea. Quedaron súper.
Comentarios
Publicar un comentario