A pasada semana tivemos a sorte de recibir a visita dun grupo de maiores da residencia de Bértola, nun encontro cheo de emoción, aprendizaxe e agarimo.
A pasada semana tivemos a sorte de recibir a visita dun grupo de maiores da residencia de Bértola, nun encontro cheo de emoción, aprendizaxe e agarimo.
Durante a xornada, compartiron connosco moitas das actividades que realizan no seu día a día, así como os diferentes espazos e estancias dos que dispoñen na residencia. Foi moi interesante coñecer de primeira man como é a súa vida alí, as propostas nas que participan e a importancia de manterse activos, creativos e en compañía.
Ademais, coincidindo coa celebración da Semana do Libro, quixeron agasallarnos cun momento moi especial: a narración do conto "A que sabe a lúa" 🌜. A través desta fermosa historia, grandes e pequenos puidemos reflexionar sobre valores tan importantes como a cooperación, a amizade e o esforzo compartido.
Queremos agradecer de corazón á residencia de Bértola a súa visita e a xenerosidade de compartir con nós unha experiencia tan enriquecedora. Agardamos volver atoparnos moi pronto para seguir creando lembranzas xuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario