Páginas

miércoles, 15 de abril de 2026

"A GRAN CUBRICIÓN"

 No marco do Día Mundial da Arte, no CRA levamos a cabo unha actividade colectiva titulada A gran cubrición. O alumnado participou nunha intervención artística cubrindo o camiño que une o Concello coa BiblioCRA, empregando as súas propias creacións realizadas durante o Proxecto Lapis: obxectos e cubricións, integrado na Rede Planea de Arte e Escola.

Esta acción converteu o espazo público nun lugar de expresión e encontro, poñendo en valor a creatividade, o traballo colaborativo e a presenza da arte na vida cotiá.
















Previamente visitamos a exposición "Vilaboa unha contorna sorprendente" na entrada do Concello.












Ao chegar á escola reflectimos no papel a experiencia vivida.












No hay comentarios:

Publicar un comentario