Páginas

lunes, 27 de abril de 2026

ISTO É UN LIBRO

 Na nosa escola celebramos a Semana do Libro cunha actividade moi especial organizada polo equipo de BiblioRA. Partindo da obra “Ez egy könyv / Esto es un libro” de Lane Smith, pertencente á nosa colección plurilingüe 🌍📖, vivimos unha experiencia chea de creatividade e ilusión.

As profes Cris e Conchita visitaron a nosa escola cunha divertida dramatización que encantou a todo o alumnado, conseguindo captar a súa atención de principio a fin 💛

A través desta actividade, non só fomentamos o gusto pola lectura, senón que tamén reflexionamos sobre a importancia de poñer en valor os libros fronte ao uso excesivo das pantallas 📖🚫📱

Seguimos traballando para que cada neno e nena descubra que ler é unha porta aberta á imaxinación, ao coñecemento e a un mundo mellor 🌍✨
































No hay comentarios:

Publicar un comentario