Esta semana, con motivo da celebración do Día das letras galegas, coñecemos un pouquiño máis á profesora, escritora e violinista Luísa Villalta.
Primeiro descubrimos porque se celebra esta conmemoración o día 17 de maio, e sorprendeunos moito que tivera que ver con outra muller que coñecemos tan ben como é Rosalía de Castro.
Seguidamente adentrámonos na vida e obra de Luísa Villalta por medio dun conto interactivo. Estivemos moi atent@s para responder ás preguntas que nos formulaban e conseguimos os dez puntos!
Finalmente decidimos retratar á homenaxeada nalgún dos seus múltiples traballos, pero utilizando as cores da bandeira galega.
Quedáronnos unhas Luísas Villaltas incribles!
No hay comentarios:
Publicar un comentario