Hoxe aproveitamos a tregua que nos deu a choiva para realizar unha intervención na nosa contorna.
Saímos ata o Camiño de Santiago e fomos recollendo os residuos que nos atopamos coa axuda das nosas pinzas, metendo todo nunha bolsa do lixo que finalmente deixamos no contenedor de volta á escola. Atopamos latas, botellas, plásticos... E ata unha vasoira! O que nos axudou a reflexionar sobre a importancia de coidar o noso planeta e o importante que é o labor de reciclaxe que levamos a cabo diariamente na escola.
Ademais, aproveitamos o paseo para buscar diferentes bichos. Cando viamos un, tíñamos que cubrir unha ficha de datos indicando o día, o bicho atopado e o lugar. Vimos un montón de cousas das que estudamos na escola!
Para acabar o día, a profe Celia, que nos veu dar unha visita ❤️, agasallounos cuns adhesivos personalizados feitos por ela. Moitas gracias! Como nos gusta que nos veñas visitar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario