Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2026

VENDIMA 2026

Imagen
A vendima nas fincas dos avós de Dani e Sophia resultou  unha experiencia moi especial. Entre viñas, uvas e moita ilusión, descubriron de preto esta tradición tan arraigada en Galicia. Foi unha xornada chea de aprendizaxes, traballo en equipo e momentos compartidos en familia, gozando da natureza e das tradicións da nosa terra. Grazas sempre ás familias polo acompañamento e a colaboración nestas actividades. 🍇 Despois realizamos un debuxo de observación representando a planta da vide e tamén do seu froito.