Na última convivencia na BiblioCRA coa etapa de Infantil do CPI do Toural vivimos unha xornada moi especial.
Preparáramos o conto Chuvia, que narramos aos nosos compañeiros e compañeiras do Toural mentres proxectabamos os debuxos realizados en acetato. Pola súa parte, eles trouxeron unha maceta regadera cun kalanchoe que máis tarde plantamos no parque e que agora forman parte do balcón da BiblioCRA.
Logo, construímos o noso mini proxector de contos empregando materiais de refugallo, e gozamos das propostas de CRAcreando da profe Yoli: robots, Lego, Kapla, pezas de construción e area cinética.
A xornada completouse cunha marabillosa merenda no parque. Alí plantamos nas macetas rematamos colocando as plantas no balcón, ademais de compartir momentos de xogo co tres en raia do novo proxecto de chan.
Foi unha experiencia enriquecedora de convivencia!






































































No hay comentarios:
Publicar un comentario