Hoxe visitou a escola de Bértola a profe Marta encargada da BiblioCra e trouxo con ela a BRINCACONTOS. Despois de explicarnos o que é unha biblioteca e como hai que coidala, leunos un conto moi divertido titulado " O dedo no nariz" .
Tamén debuxou a Tim, o dedo matapiollos que Sofía metía siempre no seu nariz.
Pasámolo moi ben e xa estamos desexando que volva outro día para contarnos máis historias.

















No hay comentarios:
Publicar un comentario