A pasada semana Patricia, unha mamá do cole, fixo unha actividade moi especial para aprender a importancia dunha alimentación saudable e equilibrada. A través da guía "O meu prato" creamos un xogo no que os cativos tiveron que formar un prato elixindo alimentos de diferentes grupos: vexetais, froitas, proteínas, lácteos...
Así dun xeito lúdico aprenderon que alimentos deben estar presentes nas comidas diarias e en que proporcións. E non solo dos alimentos tamén da importancia de beber agua e de manterse activos cada día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario