En primeiro lugar, e mentras as familias preparaban a merendola, fixemos uns obradoiros creativos:
- Elaboración de máscaras con cartón e pinturas.
- Decoración de fotografías e retratos con diversos materiais como confeti, pegatinas, rotus...
- Obradoiro de spray art utilizando pintura en spray e acuarelas.
- Radio escolar contando as nosas experiencias de entroido.
Despois de realizar as actividades desprazámonos facendo un desfile ata a Canteira de Paredes para degustar a merendola preparada polas familias e xogar e bailar todos juntos.
Agradecer ás familias a participación na elaboración dos disfraces, da merenda, da decoración da Canteira e o acompañamento neste día. Sen vós non sería posible. Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario