Hoxe desprazámonos ata á escola de Pousada para realizar unha serie de obradoiros artísticos e visitar o MUV instalado no baixo da escola.
Comenzamos a xornada coas rutinas e un xogo de presentación na clase da profe Ana. Para introducir o obradoiro de búsqueda de elementos existentes nalgunhas obras, lemos o conto " LA GRAN NOCHE DE LOS PERROS" ambientado nun museo. Despois de fixarnos e comprobar os alimentos que cambiaran de cadro, elaboramos o noso propio, utilizando a técnica do collage.
Paralelamente coas profes Isa, Marta e Yoli outro grupo instalouse no baixo para realizar outros dous obradoiros ademáis de visitar de xeito virtual as obras do MUV coas gafas de realidade aumentada.
- Baseámonos noutro artista presente no museo, Jorge Barbi, que, partindo de cacas de gaivota que fotografiaba, dáballe forma e sentido engadindo distintos elementos. A través deste artista e do libro "HIRAMEKI" convertemos unha serie de manchas feitas con acuarelas en personaxes que cobraban vida e sentido.
- Ademáis realizamos distintas propostas de robótica, kapla, puzzles, sombras....reproducindo composicións presentes no MUV.
Ademáis incorporamos ao museo, Unha vez feita a ficha do inventario, tanto as obras realizadas na escola como os elementos aportados polo alumnado desde a casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario