Hoxe gozamos coa derradeira convivencia do curso. Por mor da choiva trasladámonos á Canteira de Paredes onde as rapazas de Biophilia faláronnos das especies das Salinas a través dun conto e despois de merendar fixemos distintos obradoiros de xogos sobre os elementos naturais presentes no medio e outros das Salinas. Para rematar esta inesquecible xornada cantamos e bailamos con César de Cé Orquestra Pantasma.
Grazas ás familias que nos acompañaron nesta data.
E despois desta maravillosa xornada despedimos á profe Uxía cun agasallo preparado polas mamás. Ata sempre. Sempre nos nosos ❤️
No hay comentarios:
Publicar un comentario