Agora que se achega o final de curso, estamos impacientes por recibir na escola aos nosos novos compis que se incorporarán ao grupo o vindeiro curso.
Por iso decidimos prepararlles unha pequena sorpresa de benvida buscando que se sintan a gusto na súa próxima visita á escola, xa que reflexionamos sobre esta nova etapa que comeza e poñéndonos na pel dos máis pequechos entendemos que chegar ao cole de maiores pode dar algo de medo ou nervios e queremos que sintan supercontentos desde o primeiro minuto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario