Con motivo do día de Rosalía, o noso novo amigo Doc propúxonos un reto dificilísimo: crear o noso propio poema buscando palabras que rimasen!
Partindo de palabras significativas do poema de Rosalía traballado (como Rosalía, Moucho e Penedo), o primeiro que fixemos foi escoller a nosa palabra favorita entre as que Doc nos trouxo no panel, programándoo para que fixera o camiño correcto.
Como somos roboexpertos guiámolo xenial e tod@s chegamos á palabra escollida!
Unha vez tiñamos todas as palabras para o noso poema, chegou a parte máis difícil... Atopar as palabras que riman!
No hay comentarios:
Publicar un comentario