Páginas

lunes, 13 de febrero de 2023

COIDAMOS AOS PAXARIÑOS 🪺🪶

 Hoxe tivemos a sorte de recibir na nosa escola a Jose, o pai da nosa Xulia, e que ademais é garda forestal. Fíxonos un agasallo marabilloso para a nosa contorna, unha casiña para paxaros que fomos colocar a carballeira que está preto da escola. Jose contounos moito sobre a súa profesión e sobre a importancia de coidar os nosos montes, bosques e a súa fauna e flora. Ademáis aproveitamos a saída para colocar os comedeiros de paxaros que construimos na escola. Foi unha mañá estupenda! Moitísimas grazas Jose por ensinarnos tanto. 

































No hay comentarios:

Publicar un comentario