Durante esta xornada na BiblioCra, o alumnado de Bértola e Figueirido compartiu un tempo de encontro arredor da lectura, a creatividade e o traballo en equipo.
Para comezar, fixemos un pequeno recordatorio sobre como funciona o espazo da biblioteca e o uso do marcalugar, unha ferramenta que nos axuda a organizar e rexistrar as nosas lecturas.
A continuación, a profe Cris leunos o conto Me ayudas, Robotito?, que nos serviu de inspiración para iniciar algunhas das propostas de traballo da sesión.
Despois da lectura, o grupo dividiuse en dous grupos para realizar PROPOSTAS nos dous espazos.
PLANEA. SESIÓN 5
No espazo superior realizamos a quinta sesión de Planea que comezamos cun quecemento do corpo para pasar o xogo das cubricións recalcando a importancia do contacto visual. A continuación pasamos ao xogo dos obxectos utilizando por primera vez o rotulador en lugar das chaves o que implicaba Unha maior atención. Xa para rematar chegou o momento do Lapis no que debuxamos e escribimos aquilo que recordábamos da lectura do conto.






































No hay comentarios:
Publicar un comentario