Entradas

VENDIMA 2026

Imagen
A vendima nas fincas dos avós de Dani e Sophia resultou  unha experiencia moi especial. Entre viñas, uvas e moita ilusión, descubriron de preto esta tradición tan arraigada en Galicia. Foi unha xornada chea de aprendizaxes, traballo en equipo e momentos compartidos en familia, gozando da natureza e das tradicións da nosa terra. Grazas sempre ás familias polo acompañamento e a colaboración nestas actividades. 🍇 Despois realizamos un debuxo de observación representando a planta da vide e tamén do seu froito. 

O OUTONO XA CHEGOU

Imagen
 Hoxe coa entrada do outono fixemos unha saída ao bosque e despois da lectura do album "VAMOS AL BOSQUE" recoñecimos diferentes especies de árbores e recollimos diversos elementos para traballar despois na aula.

COMEZAMOS O NOVO CURSO

Imagen
 

FIN DE CURSO. EXPOSICIÓN DE TRABALLOS

Imagen
 Hoxe vivimos unha xornada moi emocionante. Por un lado, abrimos as portas da nosa exposición de traballos deste trimestre. Foi un orgullo ver como os nenos e nenas ensinaban hoxe as súas creacións ás súas familias, que viñeron acompañalos e a compartir con nós o moito que aprenderon e desfrutaron estes meses. Grazas por vir e por formar parte deste día! Pero o día tamén tivo un momento de moita emoción: despedimos a Mónica. Para que leve un recordo inesquecible de todos nós, dedicámoslle un tempo moi especial a escribirle mensaxes agarimosas e a facerlle debuxos cheos de cor. ​Mónica, leva un pedaciño do noso corazón contigo. Desexámosche o mellor nesta nova etapa! ATA SEMPRE