Páginas

viernes, 19 de septiembre de 2025

MILLO 2025

 Comenzamos a mañá cun curto paseo que nos levou ata a casa de Breixo donde nos agardaba unha finca chea de millo para ser apañado. Unha vez recollido e transportado ensináronnos como debullar e como se trituraba para obter fariña. Voltamos á escola cargados de experiencias,  aprendizaxes e recursos para traballar nos vindeiros días. Grazas familias por acompañarnos e facer esta visita inesquecible.



























jueves, 18 de septiembre de 2025

Vendima 2025

 Hoxe realizamos a primeira saída á contorna para vendimar na finca de Ángel e tamén na dos avós de Sophía. Ademáis de cortar os acios, tamén probamos as uvas e tomamos sandía que nos ofreceu Miguel. Todo estaba moi rico. 

Foi unha gran experiencia e ensinounos a valorar esta tradición, reforzou o noso vínculo coa terra e a importancia do traballo en equipo. 

Grazas ás familias que nos acompañaron nesta experiencia.






























lunes, 8 de septiembre de 2025

INICIO CURSO ESCOLAR 2025-2026

 Hoxe comenzamos unha nova andaina na escola de Bértola. Foi un día de encontros, sorpresas, ledicias e ilusións. Mañá recibiremos aos novos compañeir@s de 3 anos e será outro día inesquecible.

Contamos as aventuras do verán, preparamos un almorzo saudable con 🍅 da nosa horta, e saímos de paseo polo Camiño portugués estreando o novo banco dos peregrinos.