Despois da lectura do conto da bolsa Brincacontos "Yo lo sé hacer, 1000 pasos pasa ser autónomos" preparamos un zume cortando as laranxas, utilizando o exprimidor e servindoo nos vasos aos compañeiros. Podemos facer moitas cousas sós e soas. Grazas a Conchita e Breixo por regalarnos laranxas.
Páginas
viernes, 29 de noviembre de 2024
miércoles, 27 de noviembre de 2024
CRAVIVENCIA PAREDES-BÉRTOLA
Hoxe desprazámonos á escola de Paredes para gozar da primeira convivencia do curso. A través de distintas estacións artísticas traballamos distintos artistas cun fío condutor: a PDI anual "Mens sana in córpore sano". Picasso, Antonio López, Arcimboldo, Insane51 e Keith Haring foron a nosa inspiración.
Grazas por invitarnos a desfrutar desde día e as familias polo esforzo de levarnos ata ali.
Tamén aproveitamos para visitar a radio e facer unhas probas musicais.
lunes, 25 de noviembre de 2024
EXPOSICIÓN SIMULTÁNEA NO CAFÉ MODERNO
Hoxe visitamos a exposición "Simultánea" no Café Moderno en Pontevedra. Había cadros abstractos pintados por diferentes autores e identificamos diferentes formas xeométricas, cores, liñas e estilos; máis ordenado como Ying ou de xeito caótico como Yang.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)