Páginas

martes, 10 de junio de 2025

Unha mañá emocionante con un axente forestal na escola

 


Esta mañá tivemos unha visita moi especial na escola: veu un axente forestal, pai de Xulia e Lois, para ensinarnos en que consiste o seu traballo e mostrarnos os utensilios que emprega no día a día.

Os nenos e nenas puideron ver de preto a súa vestimenta de protección, as ferramentas que usa nos incendios e mesmo subir ao camión con motobomba que trouxo ata o patio da escola. Foi unha experiencia única e moi divertida, especialmente cando chegou o momento máis agardado: ¡todos puideron coller a mangueira e probar como se utiliza!

Rimos, aprendemos e, como non podía ser doutro xeito, tamén nos mollamos un pouco... ou máis ben bastante! 😄

Agradecemos moitísimo a Jose por compartir con nós o seu tempo e o seu saber. Actividades coma esta axudan a coñecer e valorar a importancia do coidado dos nosos montes e do traballo que fan os profesionais que os protexen.

Grazas por esta mañá inesquecible!

















































No hay comentarios:

Publicar un comentario