Páginas

viernes, 30 de enero de 2026

DIA DA PAZ. ANXO MOURE

 Hoxe, para conmemorar o "Día da Paz e a Non Violencia" recibimos a visita de Anxo Moure.

Anxo, sempre comprometido coa defensa da natureza, da infancia e dos valores humanos, transforma as historias e convídanos a reflexionar sobre a amizade, a diversidade, a cooperación e a importancia de cuidar dos demais e do planeta.

Celebrar o Día da Paz con palabras que abrazan é unha fermosa maneira de seguir sementando futuro.














 




martes, 27 de enero de 2026

CHARLA VOZ NATURA

 Hoxe na escola de Bértola recibimos a visita de Javi, axente da Garda Civil, unha actividade enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a seguridade nos centros educativos. 

Coñecimos a importante labor do Seprona no cuidado do medio ambiente e a natureza.








Tamén aproveitamos para subirnos ao coche da Garda Civil e falar polos altofalantes. Foi moi divertido.












miércoles, 21 de enero de 2026

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Hoxe o cole recibiu unha visita moi especial: a nai de Breixo achegouse á aula para contar o conto De que cor é un bico. A través desta fermosa historia, o alumnado descubriu que os bicos e os sentimentos poden ter moitas cores. Foi un momento entrañable, cheo de atención, emocións e sorrisos, que converteu a lectura nunha experiencia para lembrar. 📚✨