Páginas

miércoles, 17 de junio de 2026

PRPOSTAS ARTÍSTICAS A PARTIR DE CONTOS

 Estes derradeiros días de escola e para rematar a nosa PDI anual estuvimos realizando distintas propostas creativas a partir de diferentes álbums ilustrados.

Para realizalas inspirámonos no blog de Escolaimaxinada.

A partir do conto " CHUVISCA" realizamos un DEBUXO DE NÉBOA utilizando capas de papel cebola. Así creamos narrativas e adentrámonos na vida e nos seres que habitan as árbores.










Utilizamos ademáis un retroproxector para contar a historia que previamente realizamos en acetato.






Partimos do álbum ilustrado "EL MUSEO DE TRONQUITO" para achegar procesos creativos en tres dimensións. Formulamos a creación de volumes con barro e elementos naturais atopados nas nosas salidas pola contorna.










Co álbum "Esperando o amencer" traballamos o concepto de bosque o de habitan seres vivos e concienciamos da importancia da súa conservación e coidado. 

Despois fixemos un debuxo de observación sobre ás nosas creacións.













lunes, 15 de junio de 2026

EXCURSIÓN Á CASA DO PATRÓN

 Que gran lembranza quedará da nosa excursión de fin de curso! Visitamos o museo etnográfico A Casa do Patrón, en Lalín, e foi unha experiencia absolutamente marabillosa.

​Alí fixemos unha auténtica viaxe no tempo para descubrir os oficios tradicionais dos nosos antepasados. Aprendemos todo sobre o laborioso proceso do liño e o funcionamento dos antigos telares, ademais de ver como se elaboraba o pan de xeito artesanal. Fascinounos entrar na cociña antiga, ver como era un dormitorio de época e cotillear na vella cantina que facía as veces de tenda.

​O mellor de todo foi que puidesemos ser artesáns por un día. Coas nosas propias mans, moldeamos un bolo de pan listo para cocer, canalizamos a nosa creatividade cun auténtica peza de barro e ata tecemos unha pequena mostra no fío do telar. Volvemos a casa cansos, pero felices e cargados de recordos inesquecibles!