Hoxe tivemos na escola unha mañá diferente e moi divertida grazas a Lorena, a nai de Xulia e Lois que veu a impartir unha sesión de Pilates exclusiva para nós.
A sesión comezou cun quecemento para activar corpo e mente.
Na parte principal os cativos realizaron exercicios centrados no fortalecemento muscular e mellora do equilibrio. Utilizaron diversos materias como bandas elásticas, pelotas, rulo, ladrillos, coxíns...
A actividade finalizou cunha fase de relaxación e volta á calma na que se realizaron estiramientos e exercicios de respiración como a postura do gato enfadado.
Moitas grazas a Lorena e esperámoste outro día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario