Hoxe conmemoramos o Día mundial do Medio Ambiente cunha Craandaina polo Camiño de Santiago dende a escola de Bértola ata o parque de Figueirido.
A actividade física ao aire libre supón para o noso corpo un benestar tanto físico como emocional e así o experimentamos hoxe acompañados dos nosos compañeiros/as de Figueirido e Paredes.
Aproveitamos o paseo para recoller o lixo que atopabamos no camino.
Á chegada ao parque de Figueirido e unha vez repoñimos forzas coa nosa merenda, plantamos uns castiñeiros que nos regalou a familia de Martín. Pasámolo genial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario