Hoxe para dar a benvida ao outono fixemos unha saída preto do río do Toxal e observamos os cambios nas árbores, especialmente nun castiñeiro. Alí despois da lectura do conto, recollimos castañas e ourizos con moito coidado de non picarnos.

Hoxe plantamos no noso novo xardín un camelio agasallo da escritora Silvia Rodríguez Coladas que visitou a Bibliocra a semana pasada. Con moito agarimo trouxo para todas as escolas este regalo da súa casa, O Pazo da Saleta. Coidarémolo con moito amor. Grazas @silviarodriguezcoladas