Páginas

viernes, 20 de mayo de 2016

UNHA MESA DE LUZ CHEGA Á ESCOLA

Qué emocionante é ver a cara de sorpresa que poñen os nenos cando descubren algo novo.
Grazas ao Club de Golf  Retamares de Alalpardo-Madrid por nos donar as caixas de madeira que permitiron culminar este pequeno proxecto.
Que divertido mesturar as cores!!!!!

viernes, 13 de mayo de 2016

VISITAS QUE EMOCIONAN

Sempre é unha ledicia reencontrarse con antigos alumnos. Moitas grazas

Viaxamos a Figueirido

Hoxe os maiores marcharon á BRILAT, e os pequenos de Bértola e Figueirido xuntáronse esta vez en FIGUEIRIDO. Sabela fixo de anfitriona para Diego, Mateo e Daniela. 

miércoles, 11 de mayo de 2016

O INTRUSO DA NOSA HORTA

HOXE DESCUBRIMOS O RESPONSABLE DE QUE ALGUNHAS LEITUGAS NON CRECERAN. 




SENTIMOS CURIOSIDADE POLOS CÓDIGOS QR DOS CARTEIS DA ENTRADA

iPad na man comezamos a ler eses códigos. Todos eles conducían a unha media WEB: a do CRA de VILABOA. Estes carteis están destinados ás familias e os códigos conducen a ampliar a información relativa ás listaxes de admitidos...
É fantástico que os nenos/as sintan curiosidade.  

miércoles, 4 de mayo de 2016

A NOSA HORTA

Onte e hoxe traballamos duramente plantando leitugas, tomates, acelgas, pementos, perexil, cebolas.. Queremos dar as grazas a Paco por montarnos a horta, a Emilio por traernos o abono, a Pili polas plantas da sementeira e o profe Luis por preparar a terra.